A Federación Galega de Squash uniuse á campaña da Xunta de Galicia e a Fundación Deporte Galego para fomentar a igualdade entre mulleres e homes a través do deporte. A federación incorporou os lemas e a imaxe da campaña no material co que percorreu diferentes centros educativos ensinando ás nenas e aos nenos valores  de igualdade e non violencia ao tempo que xogaban e aprendían os fundamentos básicos do squash.

A federación trasladou aos colexios pistas móviles de squash, así como monitores e todo o material necesario para desenvolver esta actividade de carácter gratuíto.

 

X