A Federación

A federación galega de squash é un organismo sen ánimo de lucro, que nace e vive para a xestión deste deporte en Galicia. Coordina a súa actividade cos clubs existentes, xa que eles e os seus xogadores/as son finalmente parte dos destinatarios das súas políticas de promoción e difusión do squash na comunidade.

A actividade da Federación Galega de Squash ciméntase sobre os valores que han de ser soporte en calquera deporte, valores dabondo coñecidos por todos: esforzo, paixón, humildade, honradez e compañeirismo.

Así mesmo, a Federación conta cun equipo humano que vela porque estes valores e os específicos do noso deporte sexan un vínculo común entre todos aqueles que o practican.

O obxectivo final deste traballo é lograr que o prestixio adquirido como referentes do squash español por xogadores, clubs e Federación ao longo de toda a súa historia siga sendo símbolo de respecto e aplauso máis aló de Galicia.

Quixo a historia e o destino que o mellor xogador da historia deste deporte en España sexa un dos nosos. É obxectivo prioritario da Federación Galega de Squash facer de Borja Golán o noso abandeirado e embaixador.

Traballamos para que todo ese caudal humano e deportivo chegue a cada un dos nosos xogadores e da man do mito e de todo o seu equipo lograr que Galicia sexa recoñecible como referente mundial do squash por todos aqueles que forman parte deste deporte.

X