Os días 22 e 23 de marzo tivo lugar en Lugo o CAMPIONATO SQUASH GALLEGO SUB 13 SUB 17 de 2019. Categorías masculina e feminina. Estes foron os resultados obtidos: Mulleres Sub 13: Campiona OLVIA MON, Subcampiona Antía Pernas (ambas do Squash Monstruiños) e 3ª Iria Caride (Vigo Squash). En Sub 13 Homes Campión IAGO GONZÁLEZ, subcampión Pablo Cainzos (ambos de Squash Pontevedra) e 3º Diego Santiago (Vigo Squash). Feminino categoría Sub17: Campiona ICIA RIVEIRO (Vigo Squash), subcampiona Martina Flores (Squash Club Santiago) e 3ª Sofía Rodríguez (Independente). Na categoría Menores de 17 anos masculino: Campión MATEO RODRÍGUEZ (Independente), o subcampión Alberto Borrajo e 3º Xabier Barberán (ambos de Vigo Squash). Parabéns a todos!

X