Os días 16,17 e 18 de outubro celebrouse en Valencia, a COPA de ESPAÑA ABSOLUTA de SQUASH 2020. Hasta alí, desprazouse un importante número de xogadores galegos: Pablo Quintana ( Squash Pontevedra), Arón Astray, Pascal Gómez, Inés Gómez, María Domínguez (Squash Club Santiago). Xabier Barberán, Icia Riveiro ( Vigo Squash), Mateo e Sofía Rodríguez Bello ( Cíes Squash) . BORJA GOLÁN ( Squash Club Santiago) proclamouse SUBCAMPIÓN, os problemas na sua rodilla, non lle permitiron vencer a Iker Pajares, pero ainda así non dou un punto por perdido e loitou coma o gran campeón que é. Na categoría feminina MARTA DOMÍNGUEZ (Squash Pontevedra), mostra o seu bó momento gañando por segunda vez a Cristina Gómez e proclamándose, por primeira vez na sua carreira deportiva CAMPIOA na COPA de ESPAÑA ABSOLUTA de SQUASH 2020. Noraboa Campións!!!
Tecnificación Sub 13 Sub 17 Pontevedra 2024
Hoxe, 26 de marzo de 2024, nas instalacións situadas no Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontemuiño ( Pontevedra), tivo lugar unha xornada de Tecnificación