Os días 13 e 14 de setembro celebrouse nas instalacións do Squash Club Santiago de Milladoiro (Ames) a COPA DE ESPAÑA DE SQUASH SUB 13 e SUB 17 de 2019. Os resultados obtidos polos xogadores galegos foron os seguintes: Sub 13 Lucas Rosón masculino foi 4º. En Sub 13 Feminino Olivia Mon (Squash Monstruiños) foi 4ª. Na categoría feminina SUB17, podio galego: CAMPIONA ICIA RIVEIRO (Vigo Squash), subcampiona: Martina Flores (Squash Club Santiago), 3ª Sofia Rodriguez (Cíes Squash) e 4ª Inka Souto (Squash Club Santiago). Parabéns a todos!
GALICIA, CAMPIOA de ESPAÑA no Cto España Selecc 2024
Os días 4, 5 e 6 de outubro, celebrouse en Santa Cristina d´Haro en Girona o CAMPIONATO de ESPAÑA de SQUASH de SELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2024.