Escuelas y promoción

A Federación Galega de Squash xestiona de forma directa dúas escolas.

Unha delas, a primeira en botar a andar, desenvolve a súa actividade dentro das instalacións do Squash Club Santiago. Este club, que xenerosamente chegou a un acordo coa Federación Galega, facilita desta forma a incorporación de novos xogadores a este deporte. A escola, xestionada de forma eficaz polos monitores Xurxo Codesido e Inés Valois, serve de trampolín e de iniciación a xogadores de diferentes niveis. Reparte os seus horarios de clases entre os luns, venres e sábados a partir das 6 da tarde. O club facilita o contacto e serve de ponte a través do seu servizo de recepción aos novos usuarios. Facilítase tamén toda a información necesaria no teléfono da Federacion Galega : 986202501.

A segunda escola, de creación máis recente, é de ámbito municipal. Situada nas instalacións deportivas do concello de Ames, concretamente no pavillón de Bertamirans. Xestiona esta escola a monitora Inés Valois, que ensina nos seus primeiros pasos aos xogadores na 1 pista que recibe o seu nome do mito: é a pista Borja Golan.

A fin última destas escolas é nutrir aos clubs en canto o nivel dos que inician a súa andaina así o aconsella. Serve, ademais, para espertar a inquietude e o interese polo squash entre os máis pequenos. A Federacion Galega espera estender no tempo este modelo polos clubs que o consideren unha axuda á súa actividade, para que camiñando da man clubs e Federacion consigamos medrar e ser máis sólidos, máis numerosos e mellores deportistas.


NOTICIAS RELACIONADAS