O squash coa igualdade

A F.G.S. CONTRA A DISCRIMINACIÓN E A VIOLENCIA DE XÉNERO
A Federación Galega de Squash e Ráquetbol, está plenamente comprometida na loita contra a violencia de xénero, así como contra a discriminación da muller en todos os ámbitos e por tanto tamén no deporte. Dende esta federación deportiva fometamos unha práctica deportiva integradora en igualdade de xénero, que ademais trate de educar e concienciar aos nosos e nosas deportistas.
Para iso, e en colaboración coa Xunta de Galicia, a FGS ven de rotular 2 pistas portátiles que tratan de visualizar o firme compromiso desta institución en contra da violencia de xénero. A acción federativa fomenta ademais programas integrais, que non só incidan na promoción deportiva dos e das escolares de Galicia, senón que tamén supoñan unha aposta clara por unha práctica deportiva non discriminatoria.
Na vertente educativa e social realizamos actividades na aula que nos levan a percibir e sentir a situación actual, e no ámbito deportivo, onde podemos descubrir un deporte de raqueta descoñecido como é o Squash.
Consideramos que esta iniciativa é unha excelente oportunidade para interiorizar a igualdade como un valor esencial para a convivencia entre mulleres e homes.
Dentro das actividades que a federación quere desenvolver cremos que esta é especialmente interesante e centrada no colectivo dos alumnos e alumnas de educación infantil e primaria.
OBXECTIVOS
- Promover a coeducación, como medio de prevención da violencia de xénero
- Incorporar valores básicos como a igualdade para loitar contra o sexismo, o machismo e a violencia de xénero
- Favorecer a construción dunha identidade propia, positiva, non sexista e contraria a calquera tipo de violencia
- Axudar a comprender a natureza da violencia de xénero: como nace, como evoluciona e o dano que produce en tódalas persoas que conviven con ela
- Apoiar unha orientación profesional para os alumnos e alumnas, nas que se reproduzan estereotipos e actitudes sexistas
- Coñecer o Squash, deporte de raqueta descoñecido, partindo do principio da igualdade, do xogo limpo e participativo
- Erradicar e descartar a violencia de calquera tipo e en calquera ámbito, e por suposto no deporte.
Deportes en igualdade
Un dos campos donde hai más diferenciación por sexos é no deportivo. Ensinamos aos rapaces e rapazas, que xuntos e iguais podemos aprender a xogar ao Squash.
Trasladamos aos colexios pistas móbiles de squash, así como monitores/as e todo o material necesario para desenvolver a actividade. O alumnado dos distintos cursos poden coñecer e experimentar un pouco máis deste gran descoñecido, pero moi fermoso, deporte de raqueta.
Despois desta primeira toma de contacto, a todos aqueles rapaces e rapazas que o desexen, xa coas primeiras leccións ben aprendidas e para que esta formación siga, se lles invita, mediante unha circular entregada a todos o alumnado dos centros educativos a unha CLASE DE INICIACIÓN e A COÑECER UNHA VERDADEIRA PISTA DE SQUASH. A actividade é gratuíta.
NOTICIAS RELACIONADAS
A federación fomenta a igualdade entre mulleres e homes a través do squash
A Federación Galega de Squash uniuse á campaña da Xunta de Galicia e a Fundación Deporte Galego para fomentar a igualdade entre mulleres e homes a través do deporte. A federación incorporou os lemas e a imaxe da campaña no material co que percorreu diferentes centros...