Squash Logo.png
Banner Non

O squash coa igualdade

A F.G.S. CONTRA A DISCRIMINACIÓN E A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Federación Galega de Squash e Ráquetbol, está plenamente comprometida na loita contra a violencia de xénero, así como contra a discriminación da muller en todos os ámbitos e por tanto tamén no deporte. Dende esta federación deportiva fometamos unha práctica deportiva integradora en igualdade de xénero, que ademais trate de educar e concienciar aos nosos e nosas deportistas.

Para iso, e en colaboración coa Xunta de Galicia, a FGS ven de rotular 2 pistas portátiles que tratan de visualizar o firme compromiso desta institución en contra da violencia de xénero. A acción federativa fomenta ademais programas integrais, que non só incidan na promoción deportiva dos e das escolares de Galicia, senón que tamén supoñan unha aposta clara por unha práctica deportiva non discriminatoria.

O squash coa igualdade

Deportes en igualdade

Un dos campos donde hai más diferenciación por sexos é no deportivo. Ensinamos aos rapaces e rapazas, que xuntos e iguais podemos aprender a xogar ao Squash.

Trasladamos aos colexios pistas móbiles de squash, así como monitores/as e todo o material necesario para desenvolver a actividade. O alumnado dos distintos cursos poden coñecer e experimentar un pouco máis deste gran descoñecido, pero moi fermoso, deporte de raqueta.

Despois desta primeira toma de contacto, a todos aqueles rapaces e rapazas que o desexen, xa coas primeiras leccións ben aprendidas e para que esta formación siga, se lles invita, mediante unha circular entregada a todos o alumnado dos centros educativos a unha CLASE DE INICIACIÓN e A COÑECER UNHA VERDADEIRA PISTA DE SQUASH. A actividade é gratuíta.

OBXECTIVOS

Promover a coeducación, como medio de prevención da violencia de xénero

Incorporar valores básicos como a igualdade para loitar contra o sexismo, o machismo e a violencia de xénero

Favorecer a construción dunha identidade propia, positiva, non sexista e contraria a calquera tipo de violencia

Axudar a comprender a natureza da violencia de xénero: como nace, como evoluciona e o dano que produce en tódalas persoas que conviven con ela

Apoiar unha orientación profesional para os alumnos e alumnas, nas que se reproduzan estereotipos e actitudes sexistas

Coñecer o Squash, deporte de raqueta descoñecido, partindo do principio da igualdade, do xogo limpo e participativo

Erradicar e descartar a violencia de calquera tipo e en calquera ámbito, e por suposto no deporte.

Galería

Noticias relacionadas