Dende a Federación Galega de Squash, e coa colaboración da Secretaria Xeral para o Deporte, ponse en marcha o programa: TECNIFICACIÓN BORJA GOLÁN 2020, contando coa presencia do millor xogador da historia do Squash galego e nacional, un dos grandes xogadores de squash do mundo, D. BORJA GOLÁN SANTÍN, con él, estarán os monitores: Víctor Reguera, Pascal Gómez e Alejandro Freire. O programa lévarase a cabo nas pistas de squash situadas en Vigo, Pontevedra e Ames, e nel participarán 35 xogadores, promesas do squash galego.